miércoles, 16 de marzo de 2016

A obtención de materia e enerxía



A cadea trófica, tamén coñecida como cadea alimenticia [1], , é a corrente de enerxía e nutrientes que se establecen entre as distintas especies dun ecosistema en relación coa súa nutrición. As cadeas sempre se inician cun produtor sendo os demais membros os consumidores. Non adoitan ter un gran número (de 4 a 7 como máximo), xa que enerxía vaise esgotando a medida que se pasa dun nivel cara o seguinte, polo que adoitan seguir a regra do 10%, e dicir, aproximadamente o dez por cento da enerxía pasa dun nivel cara o seguinte, e o resto (aproximadamente o 90%) pérdese en forma de calor etc.

  • Produtores primarios, autótrofos, que utilizando a enerxía solar (fotosíntese) ou reaccións químicas minerais obteñen a enerxía necesaria para fabricar materia orgánica a partir de nutrientes inorgánicos.

  • Consumidores, heterótrofos, que producen os seus compoñentes a partir da materia orgánica procedente doutros seres vivos.

  • Consumidores primarios, os fitófagos ou herbívoros. Devoran ós organismos autótrofos, principalmente plantas ou algas, aliméntanse deles de forma parasita, como fan por exemplo os pulgóns, son comensais ou simbiontes de plantas, como as abellas, ou especialízanse en devorar os seus restos mortos, como os ácaros oribátidos ou os milpés.
  • Consumidores secundarios, os zoófagos ou carnívoros, que aliméntanse directamente de consumidores primarios, pero tamén os parasitos dos herbívoros, como por exemplo o ácaro Varroa, que parasita ás abellas.

    • Consumidores terciarios, os organismos que inclúen de forma habitual consumidores secundarios na súa fonte de alimento. Neste capítulo están os animais dominantes nos ecosistemas, sobre os que inflúen nunha medida moi superior á súa contribución, sempre escasa, á biomasa total.